Irmandades da Fala
Fúndase na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte. Nacen outras Irmandades en vilas e cidades do país.Reclaman autonomía política e modernización socioeconómica para Galiza.O seu voceiro é o xornal A Nosa Terra.
No plano cultural:
Promoven o uso oral do idioma no ensino,xustiza,prensa,actos públicos...
Crean editoriais
Publican revistas e xornais
Impulsan o teatro
Diversifican os xéneros literarios
Elaboran un completo programa político.No seo das Irmandades nacen o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.
Partido Galeguista
Foi un partido fundado en diciembre de 1931 de caracter nacionalista galego e con relevanciana política da Segunda República Española.
O Estatuto de Autonomía
E a norma institucional básica da Comunidade Autónoma de Galiza.
Ramón Cabanillas
Autor monolingüe, de grande proxección pública e determinante na superación dos moldes poéticos do Rexurdimento.
Emigrou a Cuba en 1910, onde publicou os seus dous primeiros libros e na volta a terra participa no movemento nacionalista.
Escribiu poesía de ton cívico, intimista e costumista ademais de poesía narrativa de corte épico.
Poesías: No desterrro,Vento mareiro, Da terra asoballada,etc...
Teatros:A Man de Santiña e o Mariscal.
Prosa:Antífona da cantiga.
¡Irmáns! En pé sereos
a limpa fronte erguida,
envoltos na brancura
da luz que cae de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
¡cantémo-lo dereito
á libre nova vida!
Validos de traidores
a noite de Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo
xa afrouxan as cadeas...
¡Irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
E ó pé da enseña da nación galega
cantémo-lo dereito
á libertá da Terra!
E unha chamada de atención.
Vicente Risco
Exerceu o seu maxisterio intelectual e ideolóxico no movemento galeguista.
Funda NÓS no 1920, asume a súa dirección literaria e dirixe a Sección de Etnografía e Folclore do SEG.
Co partido nacionalista republicano ingresa no partido Galeguista.
Narrativa: O lobo da xente,A coutada,O porco de pé,etc...
Ensaio:Teoría de nacionalismo galego,Leria,etc...
Teatro:O bufón de El Rei.
Otero Pedrayo
E un dos autores mais prolíficos da literatura galega.
Toma consciencia da problemática do país como os seus compañeiros do grupo NÓS.
Conduciu a Sección de Historia do SEG.
Narrativa:A lagarada, Fra Vernero ,Devalar, etc...
Poesía :Bocarribeira.
Teatro:Teatro de máscaras,Rosalía ,etc...
A presentación está moi ben pero está incompleto: faltan textos e dicir de que trata cada un. Puntuación: +0,5
ResponderEliminar